CRTVG

Buscar

Portugal pecha a área metropolitana de Lisboa durante as fins de semana

Publicado o 19/06/2021 13:37

E mentres España avanza na desescalada Portugal dá marcha atrás. Durante as fins de semana Lisboa e a súa área metropolitana están pechadas perimetralmente.

Está é a primeira fin de semana con esta prohibición adoptada polo avance da pandemia e a prevalencia da variante delta na rexión. A decisión implica, entre outras medidas, restricións de horario máis duras para o comercio e a restauración e teletraballo obrigatorio.

Aínda que os datos peores están na capital, onde a incidencia a 14 días se achega aos 300 casos por cen mil habitantes, a situación é "preocupante" en todo o país.

 

Noticias web

19/06/2021