CRTVG

Buscar

Portugal pasa a ponte festiva sen clases e con confinamento domiciliario desde o mediodía

Publicado o 01/12/2020 15:32

Aproveitando que hoxe é festivo en Portugal, o Goberno resolveu pausar a actividade lectiva e decretar o confinamento domiciliario da poboación desde o mediodía. 

Os cidadáns apuran os recados antes de que entre en vigor o confinamento domiciliario decretado polo Goberno nesta ponte festiva.

Sen comercio, sen hostalería, sen colexios. Todo pechado e cidadáns na casa desde as 13 horas e ata as 5 da mañá.

O confinamento perimetral de moitos concellos galegos tamén baleira os municipios do norte luso.

Co país en estado de emerxencia ata o vindeiro día 8, os plans para o Nadal están no aire, pero os cidadáns dan por feito que haberá pouca celebración.

Portugal achégase aos 300.000 contaxios desde marzo e supera as 4.500 mortes por coronavirus.

Noticias web

01/12/2020