Portugal non pide proba para entrar por terra no país
Publicado o 20/07/2021 16:31

A quinta vaga está facendo que outros países europeos recuperen restricións, e un deles é Portugal. Os galegos visitámolo moito, e máis no verán, pero que restricións están en vigor agora mesmo? A máscar en Portugal é obrigatoria en todo momento, mesmo cando se entra na praia a colocar a toalla. Para entrar no país por terra, atención, non é preciso ningunha proba e non hai controis na fronteira. Si é preciso unha proba negativa se se entra por avión ou estar vacinado. E agora a norma que dá máis a lata: durante as fins de semana para entrar nun hotel ou nun restaurante esíxese un test de antíxenos ou ter a pauta completa de vacinación. Nas terrazas non é necesario.