Portugal, no Algarve, e Francia, na Costa Azul, tamén sofren grandes incendios
Publicado o 17/08/2021 22:17
Tamén Francia e Portugal loitan contra o lume. No Algarve, 800 bombeiros enfróntanse a un grande incendio que está a arrasar a zona fronteiriza con Huelva. O lume rodea un perímetro de 44 quilómetros e obrigou a evacuar centos de persoas por precaución.
En Francia, na Costa Azul, ata dez mil persoas tiveron que ser evacuadas de sete cámpings e diversas vivendas. O lume comezou nunha autoestrada. Pola mañá as lapas seguían a avanzar sen control. Levan queimadas unhas 5.000 hectáreas.