CRTVG

Buscar

Portugal investirá case 1.000 millóns a partir de 2021 para arrancar o AVE O Porto-Vigo

Publicado o 09/12/2020 12:30

Portugal considera prioritaria a alta velocidade entre Vigo e O Porto.

O Goberno luso traballa co horizonte de 2030 para sacar adiante a liña ferroviaria de alta velocidade que unirá Lisboa, O Porto, e Valença do Miño e coa vista posta en Vigo.

No Programa Nacional de Investimentos figuran as primeiras claves da nova rede.

O enlace desenvolverase por fases, priorizando o treito entre Braga e Valença. O obxectivo final é a construción dunha liña de vía dobre de alta velocidade para pasaxeiros entre O Porto e Vigo, que permita cubrir o percorrido completo en menos dunha hora, fronte ás dúas horas e 20 minutos que tardan actualmente os trens Celta.

Entre 2021 e 2030 inxectarán un investimento de case 1.000 millóns de euros. Outra das claves é que o percorrido inclúe o aeroporto de Sá Carneiro.

A aposta de Portugal con Galicia contrasta coa do Goberno de España, que aínda está a analizar a mellor fórmula técnica para a saída sur. Unha obra que segue sen presuposto, sen datas, sen proxecto.

Noticias web

09/12/2020