Portugal frea a tendencia e baixa o número de positivos con coronavirus
Contra todo prognóstico, Portugal frea a tendencia e baixa o número de positivos con coronavirus. Hai máis dunha semana que tiñan asumido chegar nesta altura aos 1.000 por día, pero non foi así.
De feito, esas previsións son as que fixeron que se estendera o estado de continxencia ata mediados de outubro, pero tamén é certo que aínda están a tempo de que as cousas empeoren coa chegada do frío.
Así, nas últimas 24 horas o número de positivos con covid-19 en Portugal non chegou aos 700 rompendo coa tendencia dos últimos 7 días. Os titulares dos xornais abandonan a preocupación por estes datos. Os telexornais e edicións dixitais miran cara a España, a toda a polémica que existe na Comunidade de Madrid e poñen tamén o foco na importancia da campaña de vacinación da gripe, que comeza o luns que vén, fundamental, din, para loitar contra o coronavirus.