CRTVG

Buscar

Portugal frea a desescalada no Algarve para evitar repuntas

Publicado o 13/04/2021 21:20

Falamos dun país que hai dous meses tiña o seu sistema sanitario colapsado, enviando doentes a outros países e recibindo axuda dende o estanxeiro. Están sendo extremadamente meticulosos na desescalada, un síntoma é o peche de fronteiras que non ten día de apertura e o outro o estritos que están sendo para aplicar as fases do desconfinamento.

O Algarve, ao sur do país, supera os 120 casos por cada 100.000 habitantes, que é o límite para a terceira fase e poder abrir o interior de bares, restaurantes, cines e teatros. A illa da Madeira, antes exemplo de zona sen covid, está nunha situación similar. E dicimos que son estritos porque para desesescalar piden menos de 120 casos. España, para que se fagan unha idea, superou os 200 de media.

Noticias web

13/04/2021