Portugal fixa no 2030 o inicio das obras da alta velocidade con Galicia
Publicado o 17/08/2021 14:03

Portugal fixa no 2030 o inicio das obras da alta velocidade entre Galicia e o aeroporto de O Porto. Un traxecto de 55 minutos que o país veciño define coma estratéxico e sitúa coma a segunda liña ferroviaria prioritaria tras a prevista para unir Oporto e Lisboa.
A alta velocidade permitirá unha conexión rápida e axil con Galicia, un traxecto que na actualidade leva máis de dúas horas.