CRTVG

Buscar

Portugal faise eco do resultado das eleccións madrileñas

Publicado o 05/05/2021 14:55

O efecto das eleccións madrileñas vese, por exemplo, na prensa portuguesa, tanto escrita coma dixital. Os portugueses están tan familiarizados coa política española que prestan atención mesmo a unhas eleccións autonómicas que aquí consideran como un termómetro da situación política do Estado español.

O xornal Público na súa portada fala de que se abre unha crise á esquerda. Pola súa banda, os dixitais subliñan tamén a saída de Pablo Iglesias da política nas súas portadas.