CRTVG

Buscar

Portugal escolle este domingo a súa representación municipal

Publicado o 26/09/2021 17:37

Portugal tamén está inmerso este domingo nun proceso electoral: as eleccións autárquicas, equivalentes ás nosas municipais. Nas sondaxes para as lexislativas os socialistas seguen estables e á cabeza e nas locais perderían 15 alcaldías das 160 que teñen, ningunha delas de peso.

Lisboa, socialista, Braga, conservadora, e o Porto, independente, non se agarda que cambien de cor. Máis de nove millóns de cidadáns teñen dereito a voto nestes comicios. As urnas estarán abertas ata as oito da tarde. Pero xa desde primeiras horas da mañá houbo actividade nos colexios electorais.

Reciben tres papeletas para riscar nelas a súa elección a presidente da cámara, da asemblea municipal e representantes da súa freguesía. Na localidade fronteiriza de Valença van poder optar por seis partidos.

Na campaña que precedeu os comicios de hoxe falaron pouco dos temas locais e discutiron máis os asuntos nacionais. Moitos ven nestas eleccións unha proba ao Goberno socialista de António Costa en lugar dunha loita municipalista. As enquisas consolidan a súa maioría. O partido da ultra dereita Chega busca a súa representación nas zonas rurais.

Noticias web

26/09/2021