CRTVG

Buscar

Portugal entra de cheo nunha cuarta onda, coa variante delta en alza

Publicado o 29/06/2021 20:51
Portugal entra de cheo nunha cuarta onda, coa variante delta en alza

Tamén en Portugal hai preocupación ante a rápida extensión da variante delta, que xa é dominante en boa parte do país veciño. Tras un severo confinamento, Portugal miraba con optimismo ao verán. Pero agora enfróntase ao inicio dunha cuarta vaga de pandemia, con índices de contaxio que non se vían desde principios de ano.

Co avance desta variante, o Goberno portugués aumentou do 70 ao 85 % a porcentaxe de poboación vacinada para alcanzar a inmunidade de grupo.

Noticias web

29/06/2021