Portugal endurece as sancións por incumprir as normas
Publicado o 24/05/2021 14:47
Os británicos que poden vir agora a España sen PCR xa levan en Portugal varios días. A súa presenza confirma a posta en marcha da recuperación do sector no país veciño. Iso si, ante a relaxación dos que visitan as súas praias, o Goberno decidiu endurecer as sancións por non levar máscara.
Os turistas baixan a garda ante a covid, pero aínda están en pandemia, a pesar dos bos datos. Portugal aprobou un decreto para deixar claras as sancións. Por exemplo: non levar máscara cando se está de pé na praia está sendo castigado cunha multa de entre 50 e 100 euros. As toallas teñen que estar a metro e medio de distacia nun grupo e entre persoas non conviventes ten que haber mínimo tres metros. Se non se cumpre esta regra, tamén hai multa.