CRTVG

Buscar

Portugal endurece as medidas nas festas e haberá toque de queda ás once na Noitevella

Publicado o 18/12/2020 14:43

Con preto de 2.000 novos contaxios en 24 horas, a zona norte do país concentra o peor da pandemia comparado cos 73 novos positivos do Algarve. O Goberno luso non quere arriscar e endure as medidas para o Nadal e impón o toque de queda para fin de ano ás once da noite.

As familias portuguesas tomarán as uvas na casa, polo que as celebracións desta noite quedan practicamente eliminadas.

A circulación entre concellos queda prohibida entre o 31 de decembro e o 4 de xaneiro. É outra das medidas do executivo portugués e que afecta a ambos lados da fronteira galega e portuguesa.

O comercio sofre especialmente o peche dos concellos, que afecta directamente as vendas deses días.

En cambio mantén a apertura anunciada para o día de Nadal, estarán permitidos os desprazamentos e as reunións familiares e o toque de queda amplíase ás 2 da mañá.

O estado de emerxencia continuará no país durante todas as festas de Nadal. O primeiro ministro admitiu que a evolución da pandemia non é a desexada e pediu responsabilidade aos cidadáns.

Noticias web

18/12/2020