CRTVG

Buscar

Portugal empeza o curso escolar en "estado de contixencia"

Publicado o 15/09/2020 16:57

Portugal empeza hoxe o curso escolar, e faino rexistrando os niveis máis altos de contaxios desde que comezou a pandemia. As autoridades do país veciño activaron o que denominan "estado de continxencia". Esa activación xa estaba prevista.

Antes de nada hai que explicar que este estado, que aquí chaman de continxencia, non é un estado de excepción como o é o estado de alarma en España. Este protocolo ten que ver con Protección Civil e ter en alerta os servizos de urxencia e tamén unha serie de restricións para aplanar a curva de contaxios.

Deste xeito, dende hoxe aquí, en Portugal, non se permiten as xuntanzas de máis de 10 persoas, 4 nunha mesa de restaurante ou bar, os concellos decidirán a que hora pode pechar a hostalería, pero sempre antes das 11 e prohíbese a venda de bebidas alcólicas máis alá das 8 da tarde agás nos restaurantes cando se cee.

A máscara segue sen ser obrigatoria na rúa e a día de hoxe. Lisboa, a área de influencia desta cidade do Porto e Guimarães, moi preto de Braga, son as zonas onde máis preocupa a incidencia do virus.

Noticias web

15/09/2020