Portugal empeza a desescalada
Publicado o 15/03/2021 08:09

Alivio de restricións en Portugal. Este luns reabren escolas con alumnos de ata nove anos, salóns de peiteado, librarías e inmobiliarias. Pero as fronteiras seguen pechadas ata despois da Semana Santa.
Este domingo notificáronse 541 novos casos e 15 falecementos. Os ingresados en UCI son 243 persoas, a cifra máis baixa desde outubro.