CRTVG

Buscar

Portugal e Galicia crearán un protocolo para o posible peche temporal de fronteiras

Publicado o 17/11/2020 15:24

Portugal e Galicia crearán un protocolo específico para un peche temporal de fronteiras como o que sufrimos a pasada primavera. Un escenario que non se prevé nin se espera que volva acontecer, pero hai que estar preparados.

Non é máis que un "por se acaso", un protocolo que mellore a mobilidade dos traballadores transfronteirizos e dane o tecido económico o menos posible no caso de peche de fronteiras no futuro.

Esta mañá, o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda tivo o primeiro contacto cos novos interlocutores da Comisión do Coordinación da Rexión Norte de Portugal no Porto.

Xuntos sentaron hoxe as bases da cooperación transfronteiriza no escenario poscovid que nos espera, pero tamén se abordaron os diferentes plans de investimentos para a vindeira década na eurorrexión máis importante da Península.

Unindo forzas pretenden captar o máximo de axudas europeas que faciliten a vertebración do eixe Galicia-Norte de Portugal.

Noticias web

17/11/2020