CRTVG

Buscar

Portugal desescala cuns datos positivos que non rexistraba dende o verán pasado

Publicado o 12/04/2021 21:13

A desescalada en Portugal iniciouse cando melloraron os datos de xeito considerable, concretamente cando tiveron a mellor incidencia de Europa. A finais de xaneiro, no peor da terceira onda, rexistrábanse cada día 350 falecidos por covid-19. Na actualidade, as cousas son ben distintas.

Nas últimas 24 horas rexistráronse 2 falecidos por coronavirus, algo que non sucedía dende o verán pasado. Aínda así, a desescalada en Portugal segue a ir lenta para evitaren levar sustos inesperados e esta semana aínda non se pode entrar a un restaurante para xantar ou cear.

O luns que vén, coa chegada da terceira fase, todo o ensino estará xa de volta nas aulas e a hostalería poderá abrir no interior xunto cos cines e teatros. A vacinación segue indo a un ritmo moi parecido ao de España e esta semana agárdase que o mércores cheguen as primeiras vacinas de Jansen, aínda que Portugal recibirá, en proporción, menos da metade que España. 

Noticias web

12/04/2021