CRTVG

Buscar

Portugal descarta pechar as fronteiras e estuda facer obrigatorio o uso da máscara

Publicado o 15/10/2020 21:17

Portugal eleva o nivel de alerta e declara o estado de calamidade en todo o país. O Goberno luso intenta frear o avance da pandemia con medidas máis restritivas para os cidadáns, que a partir deste xoves non poderán xuntarse en grupos de máis de cinco persoas na rúa, nos restaurantes nin nos espazos comerciais.

Tamén estuda o Goberno portugués facer obrigatorio, igual que en España, o uso da máscara. Pero descarta polo momento o peche de fronteiras, como decretou na primeira vaga da pandemia. 

Fernando Nogueira, presidente da Cámara Municipal de Vilanova, "eu espero que non se pecchen as fronteiras, non ten sentido. O que pasa aquí en Vilanova é o mesmo que pasa no concello veciño de Tomiño".  "A relación do norte de Portugal co Baixo Miño é importantísima para nós e para eles", di un veciño de Tui.

Entre Galicia e Portugal hai máis de 30 pasos fronteiros. Na primeira vaga da pandemia só estiveron abertos dous. O resto permaneceron pechados desde marzo ata xullo. 

Noticias web

15/10/2020