CRTVG

Buscar

Portugal deixa de esixir corentena para entrar no país

Publicado o 10/05/2021 15:18

Portugal deixará de esixir corentenas aos visitantes doutros países que cheguen ao país veciño. Ata o de agora eran nove as nacionalidades suxeitas a esta obriga se querían entrar no país. Unha delas era a brasileira, e foi precisamente unha familia de alí que estivo en Lisboa 15 días en corentena a que denunciou a inconstitucionalidade desta medida, e gañaron. Así, dende hoxe, se teñen un motivo xustificado e unha PCR negativa, poden entrar viaxeiros de todo o mundo.

A realidade nos aeroportos portugueses estes días é a de poucos turistas, pero si portugueses que viven fóra e que veñen de visita, sobre todo de Francia. O que nos din é que lles sorprende, iso si, a pouca vixilancia e control que hai á chegada.