CRTVG

Buscar

Portugal declara o estado de calamidade, pero descarta, de momento, pechar fronteiras

Publicado o 15/10/2020 14:55

Primeiro día en Portugal tras entrar en vigor o estado de calamidade que reduce a un máximo de cinco o número de persoas na vía pública, nos restaurantes e nos espazos comerciais.

Medidas que queren frear o avance do virus que leva seis xornadas consecutivas sumando máis de mil casos diarios. O Goberno luso quere aprobar tamén o uso obrigatorio da máscara na vía pública.

Tamén proporán a obrigatoriedade da descarga da aplicación de rastrexo do virus no ámbito laboral, escolar e académico, nas forzas armadas e na Administración Pública.

O que descarta de momeno o primeiro ministro luso é un peche de fronteiras con España, como sucedeu na primeira onda.

Un alivio para moitos traballadores transfronteirizos dado o gran vínculo a un e outro lado da fronteira.

Medidas para conter o virus no país veciño, dado o alto número de contaxios que se están a producir no ámbito privado e familiar.

Noticias web

15/10/2020