CRTVG

Buscar

Portugal impulsa a liña de alta velocidade ferroviaria entre Galicia e O Porto

Publicado o 22/10/2020 15:42

No país veciño van aprobar un plan de investimentos que recolle unha liña de alta velocidade entre O Porto e Vigo.

Destinará 900 millóns na execución, o que significa, que das dúas horas e media de viaxe pasamos a unha.

A primeira fase executarase dende Valença ata Braga, onde primeiro se fará realidade esta vella reclamación, cunha redución de 45 minutos.

E, atención, porque tamén anunciaron que a liña de alta velocidade continuará ata a capital. Iso significa que cun transbordo na mesma estación poderemos facer Vigo-Lisboa en 2 horas e media aproximadamente. Na parte galega estanse acomentendo tamén modificacións. Trátase da mellora da electrificación das liñas que están xa practicamente rematadas.

Na parte galega, a alta velocidade é unha realidade e as obras de electrificación na liña están practicamente rematadas. No último Cumio Luso español os dous países comprometéronse a avanzar na mellora da conexión ferroviaria entre Porto e Vigo, e António Costa incluso dixo que Portugal non deixaría escapar o tren de alta velocidade.

"Portugal non quedará fóra da rede de trens de alta velocidade ibérica. Isto farase no momento adecuado e tendo en conta que non será un vínculo punto a punto senón un vínculo entre os dous países", aseguraba o primeiro ministro de Portugal. 

Noticias web

22/10/2020