CRTVG

Buscar

Portugal decide hoxe se lle pon freo á desescalada

Publicado o 15/04/2021 15:21

Portugal decide hoxe se continúa co seu plan de desescalada. Están rematando a fase 2, en que abriu a hostalería e a incidencia aumentou timidamente, pero para eles xa é unha alerta vermella.

É moi curioso que teñan menos da metada da incidencia que en España e sexa uns dos países de Europa cos mellores datos, pero para o Goberno ter 70 casos por 100.000 habitantes e medrando é demasiado.

Con toda seguridade, o Algarve, por exemplo, a semana que ven non pasará á fase 3 e non abrirán restaurantes, pero hai xornais que adiantan que o Goberno luso estuda atrasar unha semana máis este paso adiante.

Decidirano esta tarde en Consello de Ministros, onde decidirán se haberá máis estados de emerxencia e tamén poderán dar algunha pista sobre a data de apertura das fronteiras. 

Noticias web

15/04/2021