Portugal controla o incendio de Oleiros, pero decreta o estado de alerta por lume
Publicado o 27/07/2020 14:21
Portugal está, dende onte á noite, en estado de alerta por incendios. O Goberno luso tomou esta decisión polas altas temperaturas que afectan o país.
Ata o mércores quedan prohibidas as queimas controladas e o acceso a zonas forestais.
Un dos incendios máis virulentos foi este de Oleiros, no centro do país veciño, onde un bombeiro morreu e outros sete quedaron feridos.
O lume quedou controlado esta mañá. Nos labores de extinción traballaron máis de 850 efectivos, 260 vehículos e 14 medios aéreos.