CRTVG

Buscar

Portugal continuará a desescalada con diferentes velocidades

Publicado o 16/04/2021 15:14

Portugal seguirá a súa desescalada con diferentes velocidades e confirma o peche de fronteira 15 días máis. O Goberno está sendo moi estrito coas cifras que lles esixe aos concellos para poder desconfinar. De todas formas, o luns que vén volven abrir os restaurantes na maioría do país.

Despois de 3 meses, reabre o interior dos restaurantes cun máximo de 4 persoas por mesa e o peche ás 10 e media da noite. Elimínase o recoller obrigatorio. O luns volven aos centros os alumnos que faltan por facelo, os de bacharelato e ensino superior. Tamén volven cines, teatros e centros comerciais.

Non todos os concellos poderán pasar a esta fase 3, hai unha minoría que volve á fase 1, é dicir que ten que pechar as terrazas. Por certo que o primeiro ministro non aclarou se haberá máis renovacións do estado de emerxencia, pero si confirmou que a fronteira seguirá pechada polo menos ata o día 30 deste mes. 

 

Noticias web

16/04/2021