Portugal conmemora o 25 de abril con celebracións limitadas pola pandemia
No Porto, na segunda cidade do país, a chuvia polo de agora non permitiu que se puidese celebrar este día tan especial para os portugueses no que conmemoran que dixeron non pacificamente á ditadura e a calquera tipo de fascismo.
Foi en Lisboa, na Assembleia da República, onde se celebraron os actos oficiais rodeados dunhas fortes medias de seguridade porque a través das redes sociais foi convocada unha manifestación para protestar contra a corrupción.
De feito, un deses manifestantes saltou o filtro policial no momento en que saía o primeiro ministro e tivo que ser reducido e detido. A estas horas é tamén en Lisboa onde transcorre a principal marcha do 25 de abril, unha marcha que se permitiu case no último momento e que se desenvolve coas medidas de seguridade sanitarias propias da pandemia.