Portugal confirma que os galegos poderán cruzar a fronteira
Publicado o 07/05/2021 15:04
Os galegos poderán entrar por estrada en Portugal unha vez que decaia o estado de alarma español. Así o confirmaron fontes do Goberno luso.
Despois de moita confusión polas características do estado de calamidade que ten activado Portugal e que influía nos pasos fronteirizos, o propio Ministerio da Administración Interna confirmou que os cidadáns galegos poden entrar en Portugal dende o a madrugada do sábado para o domingo, sen máis limitación que as que interpoñan as autoridades españolas, que neste caso non sería ningunha porque Galicia deixa de estar perimetrada. Iso si, é por avión como non se poderá entrar en Portugal sen xustificación ata o día 16 de maio.