CRTVG

Buscar

Portugal comeza a regularizar os inmigrantes con trámites iniciados

Publicado o 30/03/2020 17:25

Portugal comeza hoxe a regularización exprés de todos os inmigrantes que teñen os trámites iniciados. Pasan a ter automaticamente os mesmos dereitos que os cidadáns portugueses.

Con esta medida aprobada no Consello de Ministros os inmigrantes pendentes de regularización pasan a ter automaticamente dereitos no servizo de saúde e tamén, por exemplo, dereito a prestación por desemprego no caso de que perdan o traballo a causa desta crise da COVID-19. Aproveitan a experiencia dos seus veciños e a lentitude do coronavirus para prepararse. Hospitais de campaña, pedidos de probas rápidas, medidas urxentes nos fogares de maiores onde o virus ataca especialmente, hai residencias con case o 100 por cento de persoas infectadas e inícianse protocolos para trasladalos a hospitais. Por certo, hoxe coñecemos o caso excepcional dun mozo de 14 anos que faleceu con coronavirus en Santa Maria da Feira. Un caso illado, xa que os positivos en persoas de menos de 20 anos aquí, en Portugal, é do 3%.

 

 

Noticias web

30/03/2020