CRTVG

Buscar

Portugal, camiño de decidir esta semana o confinamento total da poboación

Publicado o 10/01/2021 20:23

Galicia continúa pechada perimetralmente como mínimo ata finais deste mes, en parte, para controlar a comunicación con Portugal, dadas as cifras récord de contaxios que segue rexistrando o país veciño. Alí os cidadáns xa dan por feito que o seu Goberno optará este martes polo confinamento total. Suporía o peche de todo o comercio que non sexa alimentario ou de restauración, que só podería operar en réxime de comidas para levar e entregas a domicilio.

Continuaría funcionando a industria e a construción civil, e tamén as escolas. O confinamento duraría mínimo quince días, en función da evolución da pandemia. O país rexistrou por terceiro día consecutivo máis dun cento de mortes, nunha xornada en que os contaxios superaron os 7.500.

Noticias web

10/01/2021