CRTVG

Buscar

Portugal bate o máximo histórico de falecementos diarios por coronavirus

Publicado o 14/12/2020 21:17

Portugal pasa estes días polos peores momentos desde que comezou a pandemia. En apenas 48 horas bateu dous récords de mortos diarios. Este domingo alcanzaba a marca histórica de 98 falecementos e superaba o anterior récord alcanzado o venres. Este luns, o número de falecidos baixou ata os 90, son máis de 5.500 desde que comezou a pandemia. No país veciño tamén preocupa a presión hospitalaria, os ingresados en planta e na UCI seguen aumentado. 

O que descende, e faino ata niveis de finais de outubro, son os contaxios notificados este luns. O que reflicte que Portugal pasou o pico desta segunda vaga. A capital e a rexión norte son as zonas máis afectadas. Alí concéntrase a maioría dos concellos que están en risco elevado ou extremo como Valença ou Chaves e con restricións máis duras.

O Goberno vainas aliviar para o Nadal, pero as festas preocupan na rúa. O estado de emerxencia, o nivel máis alto de alerta, está en vigor ata o 23 deste mes, pero o presidente Rebelo de Sousa xa anunciou que proporá prorrogalo quince días. 

 

Noticias web

14/12/2020