CRTVG

Buscar

Portugal avanza na desescalada e reabre institutos, cines e centros comerciais

Publicado o 19/04/2021 21:24

Portugal comeza hoxe a seguinte fase da súa desescalada, aínda que o fará a diferentes velocidades. O Goberno está sendo moi estrito coas cifras que lles esixe aos concellos para poder desconfinar. Hoxe os restaurantes xa puideron sentar xente no interior e os institutos volven estar cheos. 

Despois de tres meses, hoxe reabre o interior dos restaurantes, cun máximo de 4 persoas por mesa. Elimínase o recoller obrigatorio, pero o Goberno aconsella que unha vez que pechen bares e restaurantes a poboación vaia para a casa. 200.000 alumnos que faltan por facelo, os de bacharelato e ensino superior, volveron ás aulas e cines, teatros e centros comerciais abriron tamén as súas portas.

Non todos os concellos poderán pasar a esta fase tres, hai unha minoría que volve á fase un, é dicir, que ten que pechar as terrazas. Como falamos dunha desescalada progresiva, a volta á case normalidade estase facendo sen grandes aglomeracións nos comercios.

A seguinte será o 3 de maio. Para daquela volverán os grandes eventos exteriores e interiores se os datos da pandemia o permiten. 

Noticias web

19/04/2021