CRTVG

Buscar

Portugal autoriza as viaxes por turismo de países con incidencia inferior a 500

Publicado o 15/05/2021 13:47

Portugal autoriza desde este luns as viaxes non esenciais procedentes de países cunha incidencia inferior aos 500 casos por cada cen mil habitantes. Unha decisión que afecta aos pasaxeiros procedentes do Reino Unido, os da Unión Europea e os asociados ao espazo Schengen.

Isto quere dicir que os españois que queiran viaxar ao país veciño, poden facelo e non necesitarán gardar corentena á súa chegada.

O único requisito para entrar será presentar no momento de embarcar no avión ou no barco unha PCR negativa realizada nas 72 horas previas ao voo. Para o resto de países con incidencias altas, só estarían autorizadas as viaxes esenciais.

Noticias web

15/05/2021