CRTVG

Buscar

Portugal aplica restricións para entrar no país desde mañá e ata o vindeiro martes

Publicado o 29/10/2020 15:05

Portugal pechará perimetralmente todos os seus concellos dende mañá venres ata o martes da semana que vén. Pretenden evitar os desprazamentos polo Día de Defuntos e que se agrave a crise sanitaria.

Os galegos podemos cruzar a raia se temos unha reserva nun hotel, entre outras salvidades. Pero unha vez que cheguemos ao hotel, non poderemos saír dese concello, cumprindo a restrición de mobilidade como os portugueses.

Ademais, os galegos non poderemos entrar en Portugal de visita a concellos ao outro lado da raia. Tampouco para facer compras ou cruzar unha das pontes facendo deporte.

Pola contra, si podemos se somos traballadores transfronteirizos ou se temos que coller un avión nun aeroporto portugués.

As forzas de seguridade lusas explícannos que non haberá vixilancia concreta na fronteira, pero que se se dá a casualidade de que un galego é parado por unha patrulla e non pode xustificar a súa entrada, si podería ser sancionado.

Noticias web

29/10/2020