Portugal alonga a prohibición de entrada no país a través de cruceiros
Publicado o 16/09/2020 15:51
Portugal estende 3 semanas máis a prohibición de entrada no país a través de cruceiros. As autoridades explican que aínda hai risco elevado de contaxio do virus.
Estenden a prohibición de que cheguen turistas por cruceiro ata o 30 de setembro, pero tamén deixan claro que é un veto prorrogable pendente da evolución da pandemia. Os desembarcos deste tipo están prohibidos dende o 14 de maio e supuxeron a interrupción dun modelo turístico en Portugal en alza, cunha terminal de cruceiros nova en Lisboa e con esta de Matosinhos superando as previsións de visitantes o ano pasado. Dende o sector din non entender por que os voos recuperan o seu espazo e os cruceiros non.