CRTVG

Buscar

Oporto abrirá un hospital de campaña para reducir a presión nos centros sanitarios

Publicado o 16/10/2020 21:16

Portugal prevé hospitais de campaña en Oporto e Lisboa para aliviar a presiòn dos centros sanitarios xa que nos últimos días os ingresos superan o milleiro e hai 144 pacientes de Covid-19 nas UCI.

En Oporto a nova apertura realizaráse nos próximos días porque a rexión norte é a que máis avanza en contaxios. En Lisboa xa se reabriu o hospital das Forzas Armadas e prevén un hospital de campaña na contorna da Cidade Universitaria. Portugal está a piques de rematar a súa peor semana de toda a pandemia. Con números record de contaxios afronta o seu segundo día co estado de calamidade activado. A zona de Lisboa segue a ser a que ten máis positivos pero preocupa especialmente un gromo xurdido entre os estudantes do Porto. 

Un gromo de 230 infectados, dos cales 101 son estudantes erasmus, os estranxeiros, que se terían infectado nas festas e actos de recepción que lles organizaron á súa chegada. Mentres na zona de Lisboa os profesionais da sáude din ser incapaces de rastrexar a orixe dos contaxios.

Por primeira vez os positivos da raia, da fronteira, son peores no lado portugués que no galego, aínda así insisten dende o goberno luso que o peche de fronterias non está sobre a mesa.

 Os falecementos en Portugal aínda non alcanzan niveis do confinamento e iso tranquiliza ao executivo portugés que continúa co seu plan de ir sumando restricións a medida que soben os contaxios e por iso activaron o estado de calamidade.

Maior vixilancia dos axentes de seguridade, aumento de multas e non pode haber xuntanzas de máis de 5 persoas.

Noticias web

16/10/2020