CRTVG

Buscar

Portugal acaparou o 73% das viaxes dos galegos fóra de España

Publicado o 07/09/2020 20:12
Portugal acaparou o 73% das viaxes dos galegos fóra de España

O mes de agosto deixa datos significativos respecto ás nosas vacacións. Este ano, os galegos reduciron á metade os desprazamentos fóra da nosa comunidade. Son datos do observatorio da Banca, que tamén indica que as viaxes ao estranxeiro concentráronse nun 73 por cento na veciña Portugal. O gasto neste mes de agosto mantívose un 3,4 por cento por baixo do mesmo período de 2019. Nas zonas con restricións, os gromos reduciron a actividade de ocio en case 70 puntos con respecto ás áreas que non tiveron limitacións.






 

Noticias web

07/09/2020