CRTVG

Buscar

Porto do Son volve ao nivel alto tras detectarse 12 casos no últimos sete días

Publicado o 03/03/2021 14:34

"Un paso atrás", pero necesario. Así definen os veciños do concello de Porto do Son a volta ao nivel alto de restricións, tras a repunta de contaxios detectada: 12 na última semana, o que eleva a taxa de incidencia acumulada en sete días a 130 casos.

O cambio de nivel implica novos límites á mobilidade dos seus habitantes, tan só poderán desprazarse a outros municipios que se atopen no mesmo nivel.

O concello queda illado, xa que é o único con peche perimetral dentro da comarca da Barbanza.

Algúns aseguran que o concello ten de todo e que non fai falla saír del salvo para ir ao hospital. Outros din que así non se poden facer plans.

As restricións afectan de novo a restauración, onde queda prohibido o consumo no interior dos locais.

"Estamos amolados, non se poden cambiar as normas cada 5 dias. Eu teño 6 empregados neste momento, acabo de sacalos do ERTE", di un hosteleiro afectado.

As novas medidas entran en vigor a medianoite do venres.

 

Noticias web

03/03/2021