CRTVG

Buscar

Un gromo familiar obriga a Porto do Son a volver a nivel laranxa

Publicado o 04/03/2021 15:02

Pouco lles durou o alivio en Porto do Son. As imaxes da fin de semana pasada en Portosín tardarán en repetirse. Mañá reactívase o peche perimetral e ninguén poderá entrar nin saír deste concello sen unha causa xustificada.

Só poderán moverse a outros concellos do mesmo nivel, é dicir, os das áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra e algún máis por Galicia adiante, como Cariño ou Boborás, pero ningún dos que están ao seu redor.

A razón está na eclosión de casos nas últimas dúas semanas. Chegaron a 18 nun concello de menos de dez mil habitantes, dez deles no seo da mesma familia. Un positivo que, supostamente non o sabía, foi visitando as casas dos familiares e expandiu o virus entre os seus.

Os hostaleiros, que acababan de retomar a actividade, volven pechar o interior dos locais.

Entre o venres e o sábado, haberá un cribado dirixido a poboación entre 30 e 50 anos, para localizar posibles asintomáticos.

Noticias web

04/03/2021