Porto do Son homenaxea a súa patroa, a Virxe do Carme
Publicado o 08/09/2020 14:55
En Porto do Son homenaxean a patroa dos homes do mar, a Virxe do Carme.
Unha misa e unha procesión en que tomou parte Rosa Quintana, no seu primeiro acto oficial tras renovar o cargo á fronte da Consellería do Mar. Uns actos das festas patronais de Porto do Son que, se ben foron emotivos coma sempre, este ano tiveron que adaptarse ás medidas de prevención.