CRTVG

Buscar

Por primeira vez en vinte anos, o rei non estará na entrega de despachos aos novos xuíces

Publicado o 23/09/2020 08:43

Algúns medios falan mesmo dunha campaña contra o rei. É a primeira vez en 20 anos que o monarca non vai estar presente na entrega de despachos á nova promoción de xuíces, que se celebra en Barcelona.

O curioso é que non se ofreceu ningunha causa para esta ausencia, polo que todo parece indicar que é unha cesión do Goberno de Sánchez e Iglesias aos separatistas. Este veto á presenza do rei en Cataluña prodúcese en plena negociación dos presupostos con ERC e a poucos días da posible reactivación da mesa bilateral en que se van reunir os gobernos central e catalán. Como todos os anos, o Consello Xeral do Poder Xudicial invitara a don Filipe a presidir este acto que se vai celebrar o venres en Barcelona.

Nun primeiro momento confirmouse a súa asistencia, pero posteriormente sería cancelada, sen máis explicacións. Todos os actos do rei teñen que ser referendados polo Goberno, tal e como establece a Constitución, de xeito que don Filipe non pode asistir a un evento contra o criterio do xefe do Executivo.

Noticias web

23/09/2020