CRTVG

Buscar

Por que pican os mosquitos? Ollo coas cervexas!

Publicado o 09/06/2021 21:30

O mosquito pica para chupar sangue e poder criar os ovos. É por iso que é a femia a encargada de facelo. Pero a quen pica? Estudos científicos conclúen que estes insectos responden principalmente a estímulos olfactivos.

"Séntense atraídos pola suor e o alcol, especialmente pola cervexa", asegura Soledad Sánchez, adxunta do Servizo de Alergoloxía do CHUAC.

Amais do cheiro corporal captan o CO2 que exhalamos, a calor, a humidade e tamén as cores."Non as cors chamativas, senón escuros como o vermello ou o negro". 

Por tipo de sangue o grupo A actúa de repelente mentres o grupo 0 os atrae. En Galicia o máis frecuente é o mosquito común que raramente provoca reaccións alérxicas. Aínda así cando pica "pódese tomar un antiestamínico e non rascar". 

Para evitar as picadas recomendan cubrir o corpo, vestir roupa clara e o uso de repelentes.

Noticias web

09/06/2021