CRTVG

Buscar

Por primeira vez co estado de alarma, España baixa dos cen falecidos nun día

Publicado o 17/05/2020 21:03

España sumou 87 falecidos con coronavirus en 24 horas. É a cifra máis baixa en dous meses.

Notificáronse máis hospitalizacións e ingresos en UCI que no informe anterior, pero Fernando Simón indicou que a evolución da pandemia no seu conxunto é similar á dos últimos días e destacou o descenso nos contaxios detectados.

Explicou que a maioría dos contaxios que seguen aparecendo están asociados ao ámbito sanitario e sociosanitario, pero que non hai que baixar a garda tampouco no ámbito social porque pode haber cadeas de transmisión sen identificar e persiste o risco de rebrote.

Aos que pensan que sería mellor contaxiarse para inmunizarse recórdalles que non é unha cuestión individual, porque poden transmitir a enfermidade a persoas vulnerables.

Aínda que a OMS non atopou evidencia de contaxio por contacto con obxectos, Simón cre que non se pode descartar.

O responsable de Alertas Sanitarias tamén quixo recordar que usar luvas, se non se fai ben, non garante a protección contra o virus.

 

Noticias web

17/05/2020