CRTVG

Buscar

Populares e socialistas galegos únense contra a prohibición da caza do lobo

Publicado o 16/02/2021 17:32
Populares e socialistas galegos únense contra a prohibición da caza do lobo

O Parlamento de Galicia rexeita que se prohiba a caza do lobo ibérico. Esta proposta partiu do Ministerio para a Transición Ecolóxica, en mans do PSOE, pero ten en contra o Ministerio de Agricultura, tamén socialista.

En Galicia, o PSdeG votou a favor da iniciativa do Grupo Popular, contraria a que se inclúa o lobo entre as especies de especial protección. O BNG votou en contra, cre que debe prohibirse a caza do lobo.

Noticias web

16/02/2021