CRTVG

Buscar

Pontón recibe a primeira dose da vacina e pide reforzar a sanidade pública

Publicado o 22/06/2021 13:06
Pontón recibe a primeira dose da vacina e pide reforzar a sanidade pública

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, recibiu este martes a vacina contra a covid-19 na Cidade da Cultura, en Santiago, e agradeceu o traballo dos profesionais sanitarios, á vez que reclamou un reforzo da sanidade pública.

Nun vídeo subido na súa conta persoal en Twitter celebrou que xa é "unha galega máis vacinada" e remarcou que esta pandemia sanitaria "deixou ben claro que si ou si hai que reforzar a sanidade pública".

Pontón mandou todo o seu "agarimo" aos profesionais da sanidade que están a contribuír ao avance da campaña de vacinación e mostrou o seu "compromiso" de traballar para poñer fin á "precariedade" do sistema sanitario, que é "a base para construír unha sociedade igualitaria e xusta".

Tamén fixo un "recoñecemento á ciencia", xa que "sen ela non habería vacina", e incidiu na "necesidade de fortalecer o noso sistema público de investigación" para non depender das multinacionais farmacéuticas.


Noticias web

22/06/2021