CRTVG

Buscar

Pontón pídelle á Xunta e ao Goberno que traballen para erguer Ferrolterra

Publicado o 24/06/2021 23:35

O Bloque Nacionalista Galego denuncia o abandono socioeconómico de Ferrolterra.

Nun acto na cidade departamental, a voceira da formación nacionalista, Ana Pontón, reivindicou que Ferrol ten infraestruturas, capacidade enerxética e man de obra para xerar emprego e riqueza.

Pontón acusou a Xunta de carecer de política industrial e de levar décadas, xunto co Goberno central, afundindo a comarca.

"Hai outra Ferrolterra posible se os que sentan no consello da Xunta e no consello de ministros deixan de poñer paus na roda a Ferrol e se poñen a traballar para erguer esta comarca", asegurou.

Noticias web

24/06/2021