Pontón pide frear o proceso "desgaleguizador" na educación
Publicado o 30/06/2021 16:16
A voceira do BNG propón unha nova política lingüística na ensinanza. Ana Pontón reuniuse con varios membros da executiva da Real Academia Galega. Alí criticou o decreto do plurilingüismo aprobado en 2010 e propuxo crear unha mesa entre axentes sociais e diferentes sectores para frear o que entende como un proceso desgaleguizador.