Pontón e Caballero amósanlle o seu apoio a Paula Dapena, a xogadora que se negou a homenaxear a Maradona
Publicado o 02/12/2020 16:09
A da xogadora de fútbol da Segunda división feminina Paula Dapena fíxose famosa en todo o mundo por negarse a participar nunha homenaxe a Diego Armando Maradona.
Hoxe recibiron a Paula a voceira do BNG e tamén o do PSdeG. Os dous amosáronlle o seu apoio. Tamén lamentaron algúns insultos e ameazas que a xogadora recibiu nas redes sociais.