CRTVG

Buscar

Ana Pontón di que os mozos serán protagonistas do cambio o vindeiro 28 de abril

Publicado o 06/04/2019 14:48

Ana Pontón sinala a xente nova como a protagonista e como o motor de cambio en Galicia nas vindeiras eleccións. Nun acto con mocidade de Galiza Nova, no que participou tamén a cabeza de lista para o Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, a voceira do Bloque Nacionalista Galego, criticou as políticas dos gobernos da dereita que non dan alternativas á xuventude, dixo, obrigándoa a emigrar.

Ana Pontón, voceira nacional do BNG: "O maior fracaso que pode ter unha sociedade é ver como a súa xente nova emigra ou como a xente nova pensa que vai vivir peor ca seus pais e ese non é un destino definitivo, é certamente o destino que están construíndo dende os partidos do réxime, pero nós o que dicimos é que para cambiar as cousas a mocidade ten que ser protagonista".

Noticias web

06/04/2019