Pontón certifica que o BNG non votará a favor dos presupostos
Publicado o 30/11/2020 15:27
O BNG descarta votar a favor dos orzamentos xerais do Estado. Recorda que suporán unha caída do investimento en Galicia do 11 por cento. A voceira nacionalista, Ana Pontón, pediulles aos socialistas que non lle falten á intelixencia dos galegos.