CRTVG

Buscar

Pontón: "As mulleres foron as grandes renovadoras da literatura galega"

Publicado o 02/10/2021 13:29

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, foi a protagonista hoxe en Santiago dunha xornada sobre muller e igualdade na cultura galega. Pontón homenaxeou especificamente a figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño e con ela a todas as autoras literarias do noso país.

Dixo que as escritoras constitúen un factor renovador fronte ao sistema patriarcal e que están a romper tabús na escrita. Nesa liña, reivindicou que se cree un fondo cultural galego con cartos dos fondos next generation.

Pontón avogou por facilitar axuda á creación de novas escritoras alegando que as mulleres foron as "grandes renovadoras da literatura galega". Segundo salientou, as mulleres fixeron "grandes achegas á literatura galega" ao innovar e "tocar temas tabú" na sociedade da súa época, ademais de contribuír a visibilizar o feminismo.

Noticias web

02/10/2021