CRTVG

Buscar

Pontón aposta ante os responsables sindicais de Vigo por reforzar o naval e a automoción

Publicado o 25/06/2021 14:49

A líder do BNG reuniuse en Vigo cos responsables sindicais dos principais sectores económicos da comarca.

Ana Pontón defendeu que os fondos europeos deberían servir para converter Vigo na capital da innovación en Galicia. Tamén pediu máis apoio público para o sector naval, que asegure a viabilidade de Vulcano e Barreras.

Pontón trasladoulles aos responsables dos comités de empresa a proposta do Bloque para buscar novos proxectos no sector da automoción.

Noticias web

25/06/2021